Máis de 300 comensais participan na Lama no "Xantar da Terceira Idade"
Por Redacción
Máis de 300 persoas déronse cita no tradicional "Xantar da Terceira Idade" que organiza o Concello da Lama na Carballeira das Ermidas e á que asistiu o alcalde, Jorge Canda, os concelleiros do grupo de goberno municipal e o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, Ildefonso de la Campa.
Durante o acto lembrouse o compromiso do alcalde Jorge Canda de converter este mandato no do "cariño e atención ás persoas, especialmente aos nosos maiores" e conseguir un centro de día para o municipio.
A comida estivo amenizada pola Charanga Os Encerellados, de Campo Lameiro, que coa súa música e bo humor fixeron máis entretida a xornada festiva que contou tamén coa presenza da Banda de Música de Arcade.