A Xunta eliminará un punto negro na estrada PO-549 en Vilanova de Arousa
Por Oskar Viéitez
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, destacou este luns que antes do vindeiro verán os veciños de Vilanova de Arousa verán reforzada a seguridade viaria e a mobilidade coa eliminación do tramo de concentración de accidentes na estrada PO-549, entre Deiro e a intersección coa vía de alta capacidade Cambados-Vilagarcía e a construción dunha senda nesta vía e outra na PO-307, cun investimento de 2,4 millóns de euros.
Vázquez Mourelle explicou que esta actuación se desenvolve ao longo de algo máis de 2 km da PO-549, cun investimento de 600.000 euros, e se centra na mellora das interseccións para facilitar as manobras de saída ou incorporación á vía.
Na intervención se inclúe a execución de 2 semiglorietas e unha nova glorieta, e se actuará sobre os pasos de peóns e as paradas de bus para reforzar a seguridade viaria dos usuarios máis vulnerables das estradas.
A conselleira subliñou que os traballos de eliminación deste punto negro se acompasarán cos do novo itinerario peonil e ciclista iniciados xa nesta estrada, e continuará no outono coa senda pola PO-307 ata chegar á ponte da Illa de Arousa.
Ademáis Ethel Vázquez sinalou que as sendas mixtas nestas dúas estradas, que sumarán un itinerario de 2,6 km, conectarán cos itinerarios executados no Plan de sendas da Xunta.
Relacionadas:
-
As obras na PO-549 en Cambados provocarán o corte dun carril de circulación desde este luns
Por Redacción |
-
Un accidente na N-541 agrava as críticas dos vecinos de Calvelo
Por Sofía Lorenzo |
-
Saen a información pública dous proxectos de senda peonil e ciclista en Vilanova de Arousa
Por Oskar Viéitez |