Incendio sen feridos nunha embarcación gardada nunha leira en Noalla
Por Redacción
O lume calcinou unha embarcación que estaba gardada nunha leira situada no lugar de Soutullo, na parroquia sanxenxina de Noalla.
Segundo informou o 112 Galicia, os feitos tiveron lugar sobre as 2,00 horas deste martes e non se rexistraron danos persoais.
A persoa que alertou ao 112 advertiu que as chamas podían alcanzar á iluminación pública.
Ao lugar do suceso acudiron os bombeiros do Salnés e Emerxencias Sanxenxo, ademais da Garda Civil e da Policía Local.