Concentración dos traballadores de Ombuds diante das oficinas de Correos
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Os traballadores da empresa Ombuds protagonizaron este martes unha concentración de protesta diante da oficina central de Correos en Pontevedra. Trátase dunha empresa de seguridade privada que acaba de entrar en concurso de acredores.
Os empregados de Ombuds, que levan sen cobrar desde o mes de xuño, expresaron o seu malestar con aquelas administracións públicas que son clientes de Ombuds, como é o caso de Correos.
Ademais reclaman á administración que se licite de maneira urxente un novo concurso para que os traballadores pasen subrogados a outras empresas de seguridade.
Ombuds conta con preto de 300 traballadores en Galicia.
DESCANSO
Por outra banda, os traballadores de Correos expresaron as súas propias reivindicacions laborais. Despois de suprimir o reparto postal ordinario en sábados xa hai moitos anos, algunhas centrais sindicais con representación en Correos -entre elas a CIG- están a reclamar dende entón a necesidade de darlle descanso de fin de semana completo ao persoal.
Estes sindicatos denuncian que a empresa pública incumpre a normativa laboral ao respecto e mantén a estes traballadores sen librar día e medio consecutivo nas fins de semana, incumprindo tamén os requirimentos da Inspección de Traballo.