Sanxenxo bachea as pistas municipais
Por Redacción
A concellería de obras e servizos do Concello de Sanxenxo pon en marcha unha posta a punto de 15 pistas rurais municipais.
O plan de bacheo faise a través dun convenio subscrito coa Mancomunidade do Salnés, que facilita a maquinaria necesaria para executar estes traballos. Pola súa banda, o Concello achega o persoal e o material preciso.
Algunhas das pistas nas que se vai a actuar nesta ocasión son: Altamira, Viliquín, Avenida de León, Aparcamento A lanzada, Monte Faro, Montalvo, Arra, Acceso á praia de Montalvo, entre outros.
O goberno solicita aos veciños que dean parte á Concellería de Obras e Servizos daquelas fochancas que detecten nas estradas para así poder emendalos coa maior celeridade posible, incluíndoos na próxima actuación.