O PP pide diálogo e reflexión para "reconducir" as 'peñas': "non ofrecemos nin unha boa imaxe nin unha imaxe de seguridade"
Por Natalia Puga
O grupo municipal do PP de Pontevedra saíu este mércores ao paso da polémica suscitada, como cada mes de agosto, pola celebración das 'peñas' de mozos na rúa que se repiten durante as fins de semana de touros e festas. O seu portavoz, Rafa Domínguez, sinala que non está en contra de que exista este tipo de convocatorias festivas, pero esixe ao goberno local que abra un período de "reflexión e diálogo" con toda a cidadanía para tentar "reconducir" a situación.
Domínguez considera que "nos últimos anos desmadrouse" a festa, pois lembra que hai anos todo era "doutra maneira". Ademais, valora que o feito de que a súa celebración leve así moitos anos "non quere dicir que poida seguir así", senón que é necesario buscar unha alternativa.
Unha das principais preocupacións do líder do PP é a idade dalgúns mozos que se suman a esta celebración, pois asegura que non resulta estraño ver a mozos de 13 e 14 anos bebendo alcol na rúa, coas correspondentes vomitonas.
Na súa opinión, iso non é responsabilidade do Concello, senón que é un problema que hai que abordar a nivel social, pero cre que o Goberno local si podería adoptar algunha medida para "paliar na o medida do posible a situación" e promover máis presenza policial na rúa para "evitar" que haxa nenos de 13 anos con alcol. Tamén aposta por medidas de sensibilización e concienciación social sobre o problema do consumo de alcol entre os menores.
Eses diálogo e reflexión que busca deberían implicar ao goberno local, os grupos políticos, os hostaleiros e os veciños. En principio, considera que dúas alternativas poderían ser concentrar a celebración nun punto concreto da cidade, que podería ser á beira do río Lérez, ou que tentase acabarse co botellón e que toda a bebida que se tomase fose servida por hostaleiros con barras na rúa, pois desta forma serían eles os que podería controlar que non houbese menores inxerindo alcol.
O líder do PP pontevedrés compareceu acompañado polas concelleiras Pepa Pardo e Silvia Xunco e denunciou que "non ofrecemos nin unha boa imaxe nin unha imaxe de seguridade, senón un botellón" que é consecuencia do "deixamento" do BNG.
Na súa opinión, coas 'peñas' xérase un problema en tres frontes: os veciños do centro histórico que non pode ir ás súas casas nin descansar "en condicións" eses días, os turistas que "deciden non acudir a Pontevedra" e os hostaleiros que teñen "perdas mesmo do 90%" e que este ano mesmo decidiron pechar.
Rafa Domínguez "lamenta" o ocorrido a pasada fin de semana e vaticina que durante o próximos sábado 10 e domingo 11 volverá ocorrer coa previsión de que haxa máis xente e móstrase moi crítico coa resposta que deu este luns a concelleira de Festas, Carme da Silva, que, segundo el interpreta, deu a entender que lle parece "perfecto" o ocorrido.
Ademais, critica que dixese que moitos veciños premian aos seus fillos coas 'peñas' polas boas notas, pois cre que é o "colmo absoluto" e un "comentario impropio" dun responsable público. O líder 'popular' ironizou co feito de que espera que Carme da Silva se referise aos pais con fillos na Universidade, pois lembra que, por lei, os menores non poden tomar alcol.
Relacionadas:
-
O PP insiste en regular as 'peñas': "Esto está desmadrado y hay que controlarlo"
Por Natalia Puga |
-
Os técnicos de emerxencias volven alertar do "insuficiente" dispositivo dos días de 'peñas'
Por Natalia Puga & Oskar Viéitez |
-
Reunión de traballo entre o PP e un grupo de hostaleiros para buscar unhas 'peñas' que sexan "máis civilizadas"
Por Natalia Puga |
-
Operativos especiais da Policía Local polas touradas e as peñas
Por Redacción |
-
Carme da Silva asegura que moitos pais permiten aos seus fillos saír de peñas como premio polas boas notas
Por Oskar Viéitez |
-
Hostaleiros, indignados ante o "incivismo" dos días de 'peñas': "Hoxe Pontevedra non é Boa Vila"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Noite de peñas sen incidentes
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra acolle o primeiro día de peñas con menos afluencia da mocidade
Por Redacción |