O Concello de Cuntis nega irregularidades no pago de facturas
Por Redacción
O goberno local de Cuntis sae ao paso das críticas do PP nas que acusaba ao Concello de cometer irregularidades no pago de 451 facturas por valor de 150.000 euros. Alegan desde o executivo cuntiense que "o persoal do departamento de contabilidade municipal é limitado" e, a pesar de que ampliaron o persoal cunha nova contratación, seguen sendo insuficientes polo que teñen que recorrer nalgúns procedementos a técnicos externos para "sacar adiante o maior traballo posible".
Sobre os reparos emitidos polos técnicos aos que os populares se refiren, argumenta o rexedor Manuel Campos que "son un procedemento xurídico non que o técnico amosa unha disconformidade e que para ser levantado debe ser xustificado. O mesmo técnico o fiscaliza e permite que se continúe co procedemento". Subliñan desde o Concello que todos os reparos son fiscalizados polo Consello de Contas e polo Tribunal de Contas. "Cumpren coa legalidade vixente na súa fiscalización, polo tanto de iregularidades nada, ante todo transparencia", recalca Campos.
Sobre a falta de diálogo no proxecto de peonalización do centro histórico, asegura o alcalde que mantiveron varias conversacións cos residentes e comerciantes da zona afectada. "Vostedes crearon un grave problema en Bernardo Sagasta, onde nin falaron cos veciños nin escoitaron a oposición", lémbralle Campos ao PP.
Relacionadas:
-
O PP de Cuntis critica os procedementos de contratación e os reparos de intervención do goberno local
Por Redacción |
-
O centro histórico de Cuntis pasa a ser zona de "absoluta preferencia peonil"
Por Alejandro Espiño |
-
Cuntis activa unha consulta cidadá para redactar o seu plan de mobilidade
Por Redacción |