VÍDEO.- Varios garaxes de Valdecorvos sofren inundacións por culpa da chuvia
Por Almu Dapena
Os ballóns que caeron de forma intermitente durante toda a xornada deste xoves 8 de agosto apenas deixaron incidencias na cidade de Pontevedra, pero si se rexistraron pequenos sucesos que, dado o imprevisto de que caia tanta cantidade de auga en pleno mes de agosto, pillaron por sorpresa aos veciños.
Unha das zonas afectadas foi o barrio de Valdecorvos, onde se rexistraron pequenas inundacións. Aínda que a cantidade de choiva que caeu non foi de maneira constante, hai veciños que se viron obrigados a sacar os seus vehículos dos garaxes debido ás inundacións producidas neles.
A Policía Local tivo constancia de que as choivas deixaron leves incidencias na zona de Pontevedra e algún dano material. Segundo fontes do Corpo, rexistrouse un accidente cun ferido leve na Avenida de Compostela.
Os bombeiros non teñen constancia de nada relevante.