O Cupón da ONCE reparte 140.000 euros en Vilagarcía
Por Redacción
O Cupón Diario da ONCE repartiu 140.000 euros en Vilagarcía de Arousa, en catro cupóns premiados con 35.000 euros cada un no sorteo do 8 de agosto.
A vendedora da ONCE Isabel Lemetre Roca é quen levou a ilusión a Vilagarcía, onde vendeu os catro cupóns premiados desde o seu punto de venda, situado na rúa Castelao, número 6.
O cupón do 8 de agosto, tamén deixou premios en localidades de Andalucía e a Comunidade Valenciana.
O Cupón Diario ofrece, por 1,5 euros, 55 premios de 35.000 euros ás cinco cifras.