Comezan as melloras no campo da festa de Pazos de Borela
Por Almu Dapena
Ante a demanda dos veciños de dotar de maior superficie o espazo de lecer de Pazos de Borela, o Concello de Cerdedo-Cotobade optou por ampliar e mellorar o campo da festa.
A obra consiste en alargar a superficie, construír uns muros de pedra de baixa altura e renovar de maneira integral toda a zona, ademais dunha posterior compactación e nivelación, segundo a información facilitada polo Concello de Cerdedo-Cotobade.
Así mesmo, a brigada de Obras do Concello está a realizar unha desbroce nas pistas e camiños de Pazos de Borela con motivo das festas patronais de cada parroquia, habitual no cronograma de cada verán, e a construción dun parque infantil, o hormigonado de cunetas e a construción dun novo depósito de augas.
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, comprobou o avance dos traballos en Pazos e valorou que esta ampliación do campo da festa era unha demanda veciñal "necesaria e razoable" e lembrou que nos últimos tempos en Pazos construíuse un parque infantil para dar resposta ás necesidades de lecer dos cativos e procedeuse ao arranxo de varios camiños e pistas, a poñer formigón las cunetas e á construción dun novo depósito de augas.