Portonovo celebra as festas de San Roque a partir deste mércores
Por Redacción
As festas de San Roque terán lugar entre o 14 e 18 de agosto en Portonovo. Estas festas teñen un orzamento de 182.000 euros, dos que case 30.000 euros proveñen dos pagos que fan as atraccións, publicidades, e algunhas actividades que teñan custo dentro do programa. O resto do diñeiro achégao o Concello.
Entre as principais actividades e eventos previstos para esta semana destacan as verbenas das orquestras como A Ocaband, D´Moda, Fórmula Abierta, Pasarela, Ritmo Noche e o fin de festa con Panorama.
A gran tirada de fogos de lucería terá lugar o día 16.
Os habituais pasarrúas a cargo de grupos de gaitas, bandas de música e charangas todos os días de festa. As tradicionais procesións do día 15 pola mañá, e o 16 e 17 pola tarde.