Proxectan dotar duns aseos novos ao Pavillón Municipal de O Sequelo
Por Redacción
O Concello de Marín ten previsto asinar un convenio coa Secretaría Xeral para o Deporte para poder dotar ao Pavillón Municipal de O Sequelo duns aseos.
Preténdese acometer a reforma da zona situada baixo as gradas do pavillón coa construción destes novos aseos, para o que se redactou unha memoria valorada na que se describen e valoran sucintamente os traballos a realizar.
A actuación proxectada levarase a cabo íntegramente no interior do Pavillón Municipal de O Sequelo, de titularidade municipal.
Este espazo baixo as gradas do Pavillón ten unha superficie aproximada de 40 metros cadrados e actualmente emprégase como almacén.
O proxecto ten un orzamento de 17.249 euros.