Un home sofre queimaduras en Vilagarcía por mor dunha avaría nun quentador
Por Redacción
Un home tivo que ser trasladado a un centro hospitalario na noite deste venres porque as altas temperaturas que alcanzaron a auga tras unha avaría nun quentador provocáronlle unha serie de queimaduras.
Segundo a información facilitada polo Centro de Atención de Emerxencias de Galicia, o home estaba nun inmoble en Vilagarcía de Arousa e, por mor das lesións, tivo que ser trasladado ao centro hospitalario de referencia.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 22.00 horas da noite. Segundo a información recibida, ao tentar conter unha fuga de auga, provocada polo mal funcionamento da resistencia do aparello, o home acabou queimándose.
Ata o lugar do incidente desprazouse unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilagarcía, membros do GES da localidade e axentes da Policía Nacional e Local.