Auxilian tres surfeiros en apuros na Lanzada
Por Redacción
O Servizo Local de Emerxencias de Sanxenxo tivo que auxiliar este venres a tres persoas que estaban a practicar surf na Lanzada e que se atopaban en apuros pola ondada e o forte vento.
Achegáronse aos surfeiros, acougáronos e orientáronlles para saír da corrente a terra, segundo informa o Concello de Sanxenxo.
Os responsables deste servizo pediron "sentidiño" aos usuarios das praias para que "respecten as bandeiras e as indicacións dos socorristas".
As inclemencias meteorolóxicas levaron este venres ao Concello de Sanxenxo a izar a bandeira vermella nas praias de Canelas, Paxariñas, Montalvo, Bascuas, Pragueira, Major, Foxos, A Lapa, Areas Gordas e A Lanzada. No resto de areais izouse a bandeira amarela como advertencia.
Entre as incidencias rexistradas no municipio estivo a caída dun piñeiro de gran tamaño no parque de Punta Vicaño. Despois dunha inspección técnica o parque volveu abrir ao público a última hora da mañá deste venres.
Ademáis, dúas persoas que practicaban pádel surf en Areas foron auxiliadas por un veleiro fronte a Raxó.