Pontevedra inicia o reparto de 8.000 composteiros polas parroquias
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra aprobou este luns as bases para o despregamento de composteiros individuais nas 15 parroquias do municipio "co cal podedes entender que o grupo de goberno dá saltos de alegría porque era un paso necesario para o que consideramos vai ser unha revolución na forma de entender a xestión dos resíduos", valorou a portavoz do goberno municipal, Anabel Gulías.
A iniciativa ten un orzamento de 464.640 euros, que achega a Deputación provincial, e aplicarase en todo o municipio nun período de dous anos. Os técnicos de Fruga ofrecerán asesoramento técnico aos veciños que reciban os composteiros e impartirán charlas polas parroquias sobre o proceso da compostaxe.
Unha vez que salga publicado no Boletín Oficial da Provincia todas as persoas que estean interesadas en ter un composteiro, cos seus aireadores e termómetros, poderán solicitalo por rexistro durante o prazo dun ano. O concelleiro do rural, Alberto Oubiña cre que a repartición se iniciará a finais deste mes de agosto ou principios de setembro.
O composteiro seralle entregado conforme vaia avanzando o despregamento por cada unha das parroquias, sendo a primeira a de Tomeza, seguida de Salcedo e Campañó, onde xa se realizaron experiencias piloto. A recepción dos composteiros será voluntaria.
Os técnicos da Federación Rural Galega (Fruga) encargaranse de informar os veciños e facer o seguimento e control dos 8.000 composteiros individuais que se repartirán no municipio da capital ao amparo do Plan Revitaliza.
Anabel Gulías, destacou, que "estamos falando de poñer en marcha un sistema revolucionario" co que Pontevedra pretende "avanzar e ser pioneiros" e para iso requírese que "sexamos rápidos" coa súa implantación, pero para iso é necesario "ter os pasos ben atados e as cousas ben pensadas para que avance, sobretodo se tes unha oposición que está atrancando o proceso".
Relacionadas:
-
A Xunta repartirá 3.000 composteiros entre concellos e centros escolares o próximo ano
Por Redacción |
-
A praza da Peregrina acollerá este venres a carpa Revitaliza con información sobre compostaxe
Por Redacción |
-
O despregamento de composteiros individuais no rural continuará por Salcedo
Por Alejandro Espiño |
-
Tomeza recibirá os primeiros composteiros individuais a partir do 16 de setembro
Por Almu Dapena |
-
Lores asegura que Pontevedra será a primeira cidade con capacidade para cumprir coa normativa europea de compostaxe
Por Redacción |
-
Mosquera asegura que "dentro de pouco" todas as cidades terán que facer o mesmo que Pontevedra coa compostaxe
Por Redacción |
-
O despregamento dos composteiros individuais no rural comezará por Tomeza
Por Alejandro Espiño |