Solicitan licenza para a construción do novo colexio de Vilalonga
Por Redacción
Este mércores día 14 ten previsto reunirse a comisión informativa de urbanismo do Concello de Sanxenxo, á que o goberno levará a licenza para a construción do novo colexio de Vilalonga, solicitada por parte da Consellería de Educación para poder empezar as obras do novo centro.
O novo colexio terá unha superficie de 4.631 metros cadrados distribuídos en 3 plantas nas que se distribuirán 18 aulas, entre educación infantil e primaria.
Á superficie construída hai que engadir os 534 metros cadrados que se destinan ao aparcamento exterior incluído dentro do recinto e os 800 metros cadrados que ocupa a pista de fútbol.
A parcela destinada ao colexio ten unha superficie de 11.346 metros cadrados, da cal só se ocupará o 35% mantendo o resto da parcela o seu estado natural con arboledo autóctono e de ribeira.
NOVA LICENZA PARA O PARQUE EMPRESARIAL
A esta comisión, tamén vai unha solicitude de licenza dunha empresa local de Sanxenxo, para a construción dunha nave no parque empresarial de Nantes.
Desde a posta en funcionamento do parque, preto de 30 empresas comezaron a tramitar os seus correspondentes permisos e licenzas, para exercer unha actividade en Nantes.
O parque empresarial conta con 243 parcelas, das cales 20 corresponden ao Concello e a equipamentos urbanos como a subestación eléctrica, por tanto, para poder acoller actividade económica quedan dispoñibles 223 parcelas.
As 28 que están en tramites suman 39.992 metros cadrados e representan o 13% das 223 parcelas que hai para empresas. As solitudes que se están tramitando teñen que ver con distintas actividades económicas, hostalería, carpintería e madeiras, granito, obra pública, rótulos luminosos, estaleiros, servizos de xestión e pasteurizados.
Relacionadas:
-
O novo CEIP de Vilalonga abrirá para o curso 2021/2022
Por Redacción |
-
Sanxenxo agradece coa Cebola de Ouro ao conselleiro de Cultura polo seu "papel fundamental" no novo colexio de Vilalonga
Por Redacción |
-
Sanxenxo expón o proxecto do novo colexio de Vilalonga
Por Oskar Viéitez |
-
Educación licitará nas próximas semanas a construción do novo colexio de Vilalonga
Por Redacción |