O PP insiste en regular as 'peñas': "Esto está desmadrado y hay que controlarlo"
Por Natalia Puga
As concelleiras do PP de Pontevedra Pepa Pardo e Silvia Junco insistiron este martes na necesidade de regular a celebración das 'peñas' que cada agosto se realizan durante dúas fins de semana seguidas en Pontevedra e, con propostas similares ás xa realizadas o ano pasado e hai unha semana, propoñen ao Concello de Pontevedra que busque unha "solución consensuada" con todos os colectivos afectados e os partidos políticos.
O PP propuxo xa a semana pasada que una da solucións podería pasar por que os hostaleiros instalen barras na rúa, pois, desta forma, poderíase controlar mellor a venda de alcol e, en especial, a venda a menores de idade, pois a principal crítica que realizan os 'populares' sobre as 'peñas' é que os menores beban na rúa.
Pardo e Junco cren que é necesario regular catro aspectos principais das 'peñas': maior presenza policial, un dispositivo sanitario máis amplo, a instalación de urinarios portátiles na rúa e o reforzo do número de contedores nas prazas e rúas do centro histórico nas que se celebran as 'peñas'.
A súa demanda é, en definitiva, un dispositivo especial sanitario, de seguridade e de limpeza igual que o que se pon en marcha durante a Feira Franca. "Si la Feira Franca se puede controlar, peñas se puede controlar. Esto está desmadrado y hay que controlarlo", indica.
A concelleira Pepa Pardo móstrase moi crítica co feito de que o "corazón de Pontevedra se convierta en botellódromo en el que todo está permitido" e de que, a pesar de que se critica cada ano, o goberno local "segue sen escoitar". Ademais, cuestiona que o Concello facilite oficialmente datos incompletos, pois tan só achega no seu balance a actividade das ambulancias de Cruz Vermella contratadas a nivel municipal e non as do 061 que están de garda os días de pena.
A súa principal demanda é, por tanto, que se controle o consumo de alcol por parte dos menores. Neste sentido, cuestionan que das 19 intoxicacións etílicas que, segundo os técnicos en emerxencias sanitarias, atendéronse durante a pasada fin de semana de peñas, oito son de menores, e dúas de nenos de tan só 14 anos.
Na súa opinión, o "culpable" é o goberno local e, en particular, o grupo municipal do BNG, pola súa "indiferencia" cara a unha situación que afecta a veciños, turistas e hostaleiros e hostaleiros.
Relacionadas:
-
Ciudadanos pide a instalación de pantallas para os concertos da Peregrina
Por Redacción |
-
O goberno local non descarta instalar urinarios e reforzar a limpeza durante as peñas
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Os técnicos de emerxencias volven alertar do "insuficiente" dispositivo dos días de 'peñas'
Por Natalia Puga & Oskar Viéitez |
-
Reunión de traballo entre o PP e un grupo de hostaleiros para buscar unhas 'peñas' que sexan "máis civilizadas"
Por Natalia Puga |
-
O PP pide diálogo para "reconducir" as 'peñas': "non ofrecemos nin boa imaxe nin imaxe de seguridade"
Por Natalia Puga |
-
Carme da Silva asegura que moitos pais permiten aos seus fillos saír de peñas como premio polas boas notas
Por Oskar Viéitez |