Aumentan as críticas á organización do Festival Maestral polos cambios nos concertos
Por Almu Dapena
Aumentan as críticas á organización do Festival Maestral polos cambios e suspensións dos concertos.
Se hai uns días culpábase ás inclemencias meteorolóxicas da cancelación ou aprazamento das actuacións de Andrés Balado, Rulo y La Contrabanda, Noche Sabinera e Black Light Gospel Choir, agora argumentan "motivos alleos aos artistas" para cancelar os concertos de Roi Méndez, Raimundo Amador e Salvador Sobral.
Numerosas persoas están a mostrar o seu malestar na páxina de Facebook do evento.
As queixas tamén se refiren ao proceso de compra das entradas para os concertos. Na páxina web habilitada para ese efecto pódese ver que hai diversas zonas con diferentes prezos que van desde os 36'50 ata os 111'50 euros, no caso do concerto de Pablo López.
Sen embargo, o público que asistiu ás instalacións onde se realiza o festival, atopouse con que as bancadas que se mostraban na páxina do evento non se correspondían co que realmente estaba no lugar. "¿Graderío o sillerío?" comenta un usuario.
"Ofrecen grada y te dan silla de playa"; "Las entradas que hemos comprado no existen, no hay grada"; "Muy mala organización y seguridad"; "Nadie controla dónde se sienta cada uno"; "Venden un proyecto de recinto que no es", son algúns dos comentarios que se poden ler.
A organización do festival, ante as múltiples críticas recibidas polo cambio da "bancada" por un "auditorio" con cadeiras de plástico, informou os usuarios na páxina de Facebook que xa se comunicou do devandito cambio "a través de una rueda de prensa el 11 de julio" a menos dun mes de iniciarse o festival. "También quisimos trasladar el cambio en redes sociales la semana pasada antes de que se iniciara el festival, subiendo imágenes del nuevo auditorio en cuanto estuvo montado", indicaron a través do Facebook.
Así mesmo, a organización de Maestral Music Festival publicou o 7 de agosto a través desta mesma rede social que "durante los próximos tres días" as persoas que compraron as entradas ían "recibir un e-mail con información de la nueva ubicación de las butacas", pero os afectados aseguran que tal mensaxe nunca lles chegou.
"Sigo esperando el famoso e-mail de ataquilla, de nada me valen excusas cuando compro una entrada en febrero en unas condiciones y cuatro meses después cambiáis todo" ou "no se pueden vender entradas de un auditorio que no se tiene, eso se llama estafar a la gente, y si decides poner sillas plásticas lo mínimo es devolver una parte del dinero ya que no tiene nada que ver. Pésima organización", pódese ler nos comentarios dunha das publicacións.
Ao longo deste luns, a algúns dos usuarios que compraron as entradas para o festival empezáronlles a chegar os e-mails da reorganización das butacas. Neles podíase ler que a organización abre "un plazo de 3 días en el que podrás solicitar la devolución del precio de tu entrada si no estuvieras satisfecho con el nuevo auditorio o con la nueva ubicación de tu butaca", co fin de evitar maiores problemas dos xa causados.
Relacionadas:
-
O PSOE de Sanxenxo pide que o Concello cree una oficina de atención aos damnificados pola cancelación do Maestral
Por Redacción |
-
O PSOE e o BNG piden explicacións a Telmo Martín pola cancelación do festival Maestral
Por Redacción | Creada e actualizada
-
As empresas afectadas pola cancelación do Maestral crearán unha plataforma
Por Oskar Viéitez |
-
O Maestral Music Festival Sanxenxo cancela todos os seus concertos
Por Oskar Viéitez |
-
Os danos causados pola choiva obrigan a cancelar os concertos do Maestral durante catro días
Por Redacción |
-
Hombres G demostran que seguen tendo tirón
Por Oskar Viéitez |
-
Gran acollida do concerto de Aitana en Sanxenxo
Por Redacción |
-
27 artistas nacionais e internacionais ofrecerán concertos no Maestral Music Festival de Sanxenxo
Por Redacción |