As obras de humanización integral de A Chan rematarán en octubre
Por Almu Dapena
As obras do proxecto de humanización integral de A Chan, en Cerdedo-Cotobade están a chegar ao seu fin.
Segundo adiantou o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, a terceira fase das obras terminarán a principios do mes de outubro.
O proxecto conta cun investimento de 450.000 euros onde se inclúe a consecución do terreo no que se crearán 55 prazas de aparcamento público e gratuíto fronte ao centro médico ademais do ensanche de beirarrúas, a creación de grandes espazos para os veciños, e a mellora estética da praza e do contorno da capela de San Roque.
Conforme dixo Cubela "as obras foron a modo para non ter levantada toda a vila no San Roque desta fin de semana e logo acabarán con celeridade", dotando de moviliario urbano a toda a zona para favorecer a confortabilidad do núcleo, a implantación de medidas de acougado de tráfico ou o acondicionamento peonil da capela.
Relacionadas:
-
O núcleo da Chan en Cerdedo-Cotobade amplía a zona de mellora de mobilidade peonil
Por Redacción |
-
Cotobade estrea a humanización do núcleo da Chan
Por Redacción |
-
Finalizan as obras do Plan de Vias de Carballedo
Por Redacción |
-
Cerdedo xa ten novo local social
Por Almu Dapena |
-
A caravana Arriera tamén pasou por Cuntis e Cerdedo-Cotobade
Por Almu Dapena |
-
Comezan as melloras no campo da festa de Pazos de Borela
Por Almu Dapena |