"Lo que más me gusta de las vacaciones es la lluvia"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A choiva deste verán que para moitos está a ser motivo de enfado a outros produce unha enorme alegría. É o caso dos dez nenos saharauís, que pasan unhas Vacacións en Paz coas súas familias de acollida en Pontevedra. Así o explicaron este martes nunha visita ao Concello "lo que más me gusta de las vacaciones es la lluvia".
Algúns destes nenos, que viven nos campamentos de refuxiados no Sahara, xa estiveran en anos anteriores en Galicia, pero aínda así seguen asombrándose ao ver o mar.
Con caras de sono, pois están a gozar a tope das festas da Peregrina, saudaron ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e á concelleira de Benestar Social, Paloma Castro. Como agasallo leváronse unhas mochilas con libros e diverso material escolar, que agradeceron con espontáneos xestos de agarimo cara aos políticos.
Durante este encontro os responsables da Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharauí, explicaron con satisfacción que este verán puideron reunir a 150 novas familias de acollida o que permitiu que participen no programa 45 nenos máis que no 2018.
Os nenos viven estes días afastados dos 50 graos de temperatura que soportan nos campamentos de refuxiados, á vez que acceden a revisións médicas. É o caso de dous dos menores que pasan as súas vacacións en Pontevedra e que non puideron asistir á recepción municipal porque estaban a ser intervidos cirurxicamente.
Relacionadas:
-
As familias galegas volven acoller menores saharauis despois de dous anos de pandemia
Por Redacción |
-
Pontevedra contribúe con 6.000 euros na axuda alimentaria para os campos de refuxiados de Tindouf
Por Redacción |
-
RADIO.- A Playlist de... Pablo Lago, o xornalista ao que descubriu o Sahara
Por Marisa Ciordia & Cristina Saiz |
-
O Concello de Marín anima á cidadanía ser familia acolledora de 'Vacacións en paz'
Por Redacción |