Cuntis ponse a punto para as festas patronais
Por Redacción
O Concello de Cuntis puxo en marcha un completo plan de limpezas en zonas urbanas e do rural con motivo das celebracións das festas patronais de agosto nas parroquias de Cuntis e Cequeril.
As festas patronais de Cuntis inclúen festexos no centro urbano e nos lugares de Vilar, Castrolandin e Laxos. Con motivo destas celebracións, un programa de limpeza de todo o centro urbano co mantemento das zonas empedradas, as áreas verdes situadas á beira do río Gallo ou a contorna do cemiterio, entre outras.
Ademais, con motivo das festas patronais de Cuntis, o Concello programou un corte total ao tráfico do centro histórico. Entrará en funcionamento na noite deste mércores e estará activo ata as 6.00 horas do próximo luns 19 de agosto.
Con motivo da xa tradicional Carreira de Rolos, tamén se reforzará a seguridade ante a afluencia de publico prevista.
Este plan de limpeza enmárcase nos traballos programados polo goberno local do PSOE para manter en perfecto estado ditas zonas tanto na zona urbana como nas zonas rurais.
Na parroquia de Cequeril, acometéronse tarefas de limpeza e roza nos lugares de Cequeril e Sevil e nas próximas semanas os equipos de roza continuarán con actuacións nas parroquias de Troáns, Estacas e Portela.
Relacionadas:
-
Cuntis suspende as festas patronais: "Non se poden garantir as condicións mínimas de seguridade"
Por Redacción |
-
Multitudinaria procesión para despedir as Festas das Dores
Por Redacción |
-
As festas patronais de Cuntis contarán cun punto morado de información sobre as violencias machistas
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Quen é o equipo máis veloz de Cuntis en mover a herba seca?
Por Redacción |
-
As festas patronais de Cuntis buscan un novo organizador
Por Oskar Viéitez |