As festas patronais de Cuntis contarán cun punto morado de información sobre as violencias machistas
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Igualdade, estará presente durante toda a semana nas Festas Patronais de Santa María, en Cuntis, nas que se agarda a presencia de numerosas persoas.
A "Semana Grande" de Cuntis contará deste xeito cun punto morado de información sobre as violencias machistas e do material institucional das campañas de "Lembra, eu decido, ti respectas" dirixidas tanto a mozos como a mozas. Estará situado, en horario de 18.00 a 20.00 horas, na Casa da Cultura Roberto Blanco Torres dende este xoves, ata o próximo domingo.
O obxectivo volve a ser o de concienciar á poboación máis nova da importancia das relacións en igualdade e, para elo, repartiranse elementos explicativos nos que se mostran con claridade os límites ante posibles agresións, facendo fincapé en que son un delito e recalcando a negativa a calquera intento de culpar ás vítimas.
O programa de festas de Cuntis inclúe actividades tan variadas como unha carreira de rolos por equipos mixtos, actividades acuáticas, unha festa da bicicleta e diversas propostas para tódolos públicos. Sen esquecer os concertos e as tradicionais verbenas.
A campaña "Lembra, eu decido, ti respectas" comezou o verán pasado en tódolos festivais #RíasBaixasFests, e posteriormente, a institución provincial ofrecéullela aos concellos que a soliciten para todo tipo de eventos multitudinarios.
Relacionadas:
-
Cuntis suspende as festas patronais: "Non se poden garantir as condicións mínimas de seguridade"
Por Redacción |
-
Cuntis abre o prazo para participar no programa municipal de conciliación familiar "Cuntilín"
Por Redacción |
-
Rolo vai... ata a meta en Cuntis!
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Cuntis ponse a punto para as festas patronais
Por Redacción |
-
Abertas as inscricións para a Carreira de Rolos de Cuntis
Por Redacción |