Catro empresas interésanse en contratar a alumnos do obradoiro dual
Por Redacción
Un total de catro empresas interesáronse en realizar unha entrevista e, consecuentemente, unha oferta de traballo a alumnos-traballadores que están a piques de finalizar o Obradoiro de Emprego dual conxunto "Lérez-Verdugo" para os concellos da Lama e Cerdedo-Cotobade que está a piques de finalizar.
Neste obradoiro reciben formación profesional un total de 20 persoas distribuídas nos módulos de "Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes no Fogar" e "Mellora Forestal".
A iniciativa recibiu achega da administración autonómica de 288.807 euros e permitiu acondicionar o roteiro de sendeirismo "Cabenca- Cavanosa" e a repoboación do monte veciñal de Santa Mariña de Tomonde.
O alcalde da Lama, Jorge Canda, destacou que este obradoiro "permite dar unha nova oportunidade á xente que busca emprego ao tempo que se fixa poboación e os desempregados adaptan as súas aptitudes ás demandas do mercalo laboral con perfís máis axeitados ás necesidades reais do tecido empresarial", indicou o rexedor.