Pedaladas denuncia o mal uso dos estacionamentos reservados para bicicletas, invadidos por motocicletas
Por Redacción
A asociación Pedaladas denunciou este venres o uso indebido das zonas de estacionamento para bicicletas de distintos puntos da cidade por parte de condutores de motocicletas.
O colectivo solicita aos usuarios de motocicleta que deixen de utilizar os aros de estacionamento de bicicletas para estacionar as súas motocicletas de forma ilegal. Así, lembra que a sinalización vertical aclara que son estacionamentos só para bicicletas e en moitos casos quedan inutilizables porque as motocicletas impiden o acceso ou saída da bicicleta.
Á vista deste comportamento, e da sinalización, desde a asociación insisten en que só queda a posibilidade de denunciar ao infractor para que a motocicleta sexa retirada e lembran que ten un custo elevado, pois require a presencia do guindastre ou arriscarse a danar a propia motocicleta ao intentar sacala.
Ademais, lembran que a cidade de Pontevedra conta cun gran número de espazos exclusivos de estacionamento de motocicleta e que os lugares de estacionamento xeral tamén permiten o estacionamento de motocicletas. En total, hai 1.600 prazas de uso xeral gratis e 4.000 de pago que poden ser utilizadas por motocicletas e automóbiles mentres que a cantidade de aros existente na cidade é de tan só 28 puntos na cidade cun total de 112 aros.
O colectivo advirte que se continúan este tipo de situacións se verán obrigados a denunciar.
Relacionadas:
-
Proposta a Fomento para que incorpore un dos carrís da autovía ao paseo a Praceres
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Decepción en Pedaladas ao saber que o Concello rexeita un carril bici en Montecelo
Por Oskar Viéitez |
-
Pedaladas reivindica a importancia do carril bici cunha 'bicifestación'
Por Diego Espiño & Diego Torrado |