Moraña habilita 14.000 euros para axudas culturais, educativas e deportivas
Por Almu Dapena
O Concello de Moraña habilitou unha partida de 14.000 euros para a concesión de axudas para as actividades culturais, educativas e deportivas orientadas a colectivos sen ánimo de lucro con domicilio social en Moraña e validamente constituídos e inscritos no Rexistro Municipal de Asociacións.
As solicitudes deberán incluír unha memoria explicativa das accións proxectadas na que se inclúa data, lugar, obxectivos e estimación de beneficiarios, e a documentación na que figura unha instancia, orzamento e informe de actividades do ano anterior ademais das accións realizadas en 2018 e o volume de subvencións outorgadas á actividade por outras entidades.
Para iso, dispoñerán dun mes para presentar a petición desde a publicación do acordo no boletín provincial e xustificando a realización de actividades antes do 30 de novembro cunha memoria explicativa, unha declaración xurada da finalidade das facturas e os comprobantes de pago necesarios.
No caso llas accións que se desenvolvan en decembro, o prazo estenderase ata o día 26 do mesmo mes.