O Revenidas 2019 reafirmou o seu compromiso coa igualdade e a sustentabilidade
Por Oskar Viéitez
O festival As Revenidas de Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa, revalidou a pasada fin de semana o seu compromiso coa igualdade e a sustentabilidade.
A Deputación de Pontevedra destacou o especial apoio ás campañas que desenvolve para a prevención das agresións sexuais, que chegou neste evento dos Festivais Rías Baixas á preto dun millar de persoas.
A iniciativa de loita contra os plásticos tamén tivo unha grande acollida e repartiu centos de materiais.
Pola súa banda a organización do Festival salientou que O Revenidas pechou a súa 16ª edición revalidando o éxito das súas actividades vencelladas á tradición mariñeira da zona.
As seis sesións de concertos a bordo a cargo de O Leo, Gabri Dakidarría, Ugía Pedreira, Los Jinetes del Trópico, Zeltia Irevire e Gramola esgotaron todas as súas entradas.
Os concertos da zona de pago máis aclamados polos festivaleiros foron os de Gogol Bordello, Talco, Gatillazo e Desakato e Nao, que contou con varias colaboracións.
A xente presente na sardiñada do sábado cífrase en 5.000 persoas ás que se lles despacharon 1.000 quilos de sardiñas.
O festival xerou uns 1.000 postos de traballo (450 directos e 600 indirectos).