Vilagarcía e Cambados terán novos obradoiros de garantía xuvenil
Por Redacción
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, informou este venres sobre a concesión de dous novos obradoiros de garantía xuvenil para a comarca do Salnés, un en Vilagarcía de Arousa e outro en Cambados.
Os talleres centraranse en formar a 32 menores de 30 anos en socorrismo, atención ao cliente, actualización tecnolóxica e actividades culturais e deportivas.
Este tipo de programas mixtos de formación e emprego se centran na realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibilitan un traballo para os menores de 30 anos que, xunto coa formación profesional para o emprego, procura a cualificación profesional e favorece a posterior inserción laboral das persoas desempregadas que o realicen.
Ademais, esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios recibirán formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos.
O obradoiro "Cambados Emprededor" está centrado en dúas áreas, unha dedicada a montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos e outra á programación de actividades culturais para o outono-inverno.
No caso do concello de Vilagarcía de Arousa, Labora Xove 2019, centrarase no eido do socorrismo en espazos acuáticos e promoción turística local e información ao visitante.