Cerponzóns apoia o toque de campanas manual coma patrimonio inmaterial da humanidade
Por Redacción
A Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns apoia que o toque de campana manual sexa declarado patrimonio inmaterial da humanidade pola Unesco.
O vindeiro luns día 19, unha representación da Asociación de Campaneros D'Albaida estará visitando as campás da parroquia. Este colectivo valenciano vai da man nesta iniciativa da Asociación de protección do patrimonio Hispania Nostra e do Museo Internacional de Campás MitMac.
Cerponzóns é xunto con Bastavales e Mondoñedo unha das primeiras parroquias de toda a comunidade galega que se suma a esta petición.
A Asociación de Veciños O Chedeiro, xunto á colaboración do cura párroco Manuel Míguez, decidiu sumarse a esta proposta, que está dentro das actividades que están a levar a cabo con motivo da celebración do milenario da parroquia.
Aínda que o toque manual de campás deixou de executarse en moitos lugares, aínda non se perdeu o seu coñecemento e moitas torres e campás atópanse en situación de poder ser recuperadas.