Ferido un condutor tras unha saída de vía en Cuntis
Por Redacción
O Servizo Municipal de Emerxencias de Cuntis atendeu na noite deste venres a un condutor ferido nun accidente de tráfico.
O sinistro tivo lugar na estrada provincial EP-8401, de Portela a Souto de Vea.
Por causas que se descoñecen o vehículo saíuse da vía resultando ferido condutor que tivo que ser evacuado nunha ambulancia do 061 a un centro sanitario.
CAMBADOS
Por outra banda Emerxencias de Cambados informou doutro accidente de tráfico rexistrado no lugar de Couto de Arriba, nesta mesma localidade do Salnés.
O vehículo chocou contra un poste do tendido telefónico. Non houbo feridos.