Un coche dáse á fuga tras levar por diante contedores e sinais
Por Redacción
Os servizos municipais de Emerxecias do Concello de Cuntis trasladáronse na mañá deste domingo á parroquia de Troáns por un sinistro que causou importantes danos en contedores e sinais da estrada N-640.
A persoa que conducía un vehículo da marca Mazda levou por diante sinais de tráfico e contedores deixando esparexido o lixo pola calzada. Logo fuxiu do lugar dos feitos.
Os danos causados superan os 2.000 euros.
Desde o Concello de Cuntis aseguran que foi requirida a presenza dos servizos de mantemento da estrada e da Garda Civil de Tráfico que "se negou a acudir ao punto para investigar os feitos".