Agosto bailarín na Zona Monumental
Por Redacción
'Baila na Zona Monumental' é a proposta organizada polo Centro Comercial Urbano Zona Monumental co ánimo de seguir a dinamizar o centro histórico. Nesta ocasión, a actividade comezará este martes 20 de agosto ás 20.30 horas na praza de Curros Enríquez e é libre para todas aquelas persoas que queiran participar.
Este actividade desenvólvese coa participación do bailarín, premiado en numerosas competicións, Adrián Esperón e da escola Ponte Baile.
A actividade é completamente gratuíta tanto para adultos como para menores e consistirá nunha clase de baile coa animada explicación de diferentes técnicas de movemento rítmico a través do campión de España.
O xoves 22 repetirase na praza de Méndez Núñez. Tamén se van desenvolver o martes 27 na praza da Verdura e o 29 na praza de Santa María. O horario será sempre ás 20.30 horas. O Concello participa tamén na organización desta actividade.