A Plataforma de San Salvador ameaza con mobilizacións se non se crean máis prazas de aparcamento
Por Oskar Viéitez
A Plataforma de San Salvador esixiu ao Concello de Poio que cre máis prazas de aparcamento nesta zona e ameaza con mobilizarse "se isto non se cumpre".
Este colectivo veciñal difundiu un comunicado no que asegura que en dúas semanas recolleu preto de mil sinaturas de apoio a esta reivindicación.
A portavoz desta Plataforma, Montse Baquero, sinalou que os veciños e comerciantes da Barca, Andurique, Valiña, Porteliña, Anafáns, Viñas, "esixen, dunha vez por todas, máis prazas de aparcamento en toda a parroquia e sempre respectando a tipoloxía das existentes".
Segundo indica esta portavoz "os veciños estamos desesperados" xa que os negocios da zona está "están a notar un descenso nas súas vendas e nos seus ingresos" polo que reclaman ao Goberno Local que "veña con feitos e non con promesas, xa está ben de que nos tomen o pelo".
Finalmente advertiu Montse Baquero "a única maneira para que non peonalizasen a Ponte da Barca, para que non puxese dunha dirección A Caeira, para que non fixesen o mesmo na Barca… foron as mobilizacións e temos claro que para isto faremos o mesmo se é necesario", sentenciou.
Relacionadas:
-
Poio protesta ante a Xunta pola supresión de prazas de servizos na avenida da Porteliña
Por Redacción |
-
Máis seguridade e creación de aparcadoiros, principais demandas da veciñanza de San Salvador de Poio
Por Redacción |
-
Comerciantes e hosteleiros de Poio piden máis prazas de aparcamento
Por Redacción |
-
O PP de Poio pide un "leiraparking" na finca da Coca-Cola
Por Oskar Viéitez |