Trasladan ao Hospital do Salnés a dous vilagarciáns tras un accidente de tráfico en Cambados
Por Redacción
A Avenida de Vilagarcía, en Cambados, rexistrou na mañá deste luns un accidente de tráfico no que resultaron feridas dúas persoas, que tiveron que ser trasladadas en ambulancia do 061 ao Hospital do Salnés.
Fuentes de Emerxencias Cambados informan que o sinistro se produciu por alcance na rotonda de Corbillón. O vehículo que circulaba detrás non conseguiu deterse a tempo e golpeou ao turismo pola súa banda traseira. Os ocupantes deste último, cuxo nomee correspóndese coas siglas D. S. C., de 60 anos; e D. R. S., de 30 anos; sufriron danos nos seus cervicais. Naturais de Vilagarcía, as vítimas foron atendidas no hospital do Salnés.
Ao lugar dos feitos acudiu unha patrulla da Garda Civil para esclarecer as causas do accidente.