Voltas e voltas nos "cochiños" para pór fin ás Festas da Peregrina
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Os escolares puideron gozar este luns dos carruseis con prezos máis económicos como colofón das Festas da Peregrina. Con este peche, dábanse por rematadas as festas que contaron con miles de persoas este ano grazas aos concertos da praza de España e ás numerosas actividades que se desenvolveron durante estas xornadas.
Os operarios traballan para que, ao longo deste martes, quede aberta ao tráfico a rúa Alameda e a rúa Raíña Vitoria. A concelleira de Festas Carme da Silva afirmaba durante este luns ao facer o balance destas festas que xa se iniciaron os traballos de preparación e decoración da Feira Franca, que durante os próximos días iranse intensificando ata que se inicie a celebración da feira medieval nas xornadas do 6 e o 7 de setembro.
Previamente a este gran acontecemento co que finalizarán as Festas de Verán se desenvolverán a Festa do Demo e Ponte Coqueta.
Relacionadas:
-
O Concello estuda a posibilidade de instalar pantallas nos concertos pero ve "dificultades técnicas"
Por Redacción |
-
E con Lola Índigo a Praza de España volveu quedar pequena
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
O concerto de Beret "lo peta"
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Furius Monkey House xoga na casa e golea
Por Redacción & Diego Torrado |