As empresas afectadas pola cancelación do Maestral crearán unha plataforma
Por Oskar Viéitez
As empresas afectadas pola cancelación do Maestral Music Festival crearán unha plataforma para esixir o pago dos seus servizos.
Segundo informa a xornalista Lorena Ferreño en páxinas do Diario de Arousa estas empresas damnificadas reclamarán unhas débedas que superan "con creces los 600.000 euros".
Trátase dunha vintena de empresas contratadas polos organizadores deste evento musical e que xa alertaran da falta de pagamento polos seus servizos tras cinco días de actuacións.
O Concello de Sanxenxo lamentou a cancelación do Maestral Music Festival, nun comunicado no que sinalan que "é evidente que máis aló das desfeitas provocadas polo mal tempo houbo erros na planificación do evento".
Igualmente o Concello indicou que "o sentimos especialmente polas persoas que adquiriron entradas e nalgúns casos aproveitaron para vir pasar uns días a Sanxenxo e finalmente non puideron gozar do seu concerto".
Relacionadas:
-
O PSOE de Sanxenxo pide que o Concello cree una oficina de atención aos damnificados pola cancelación do Maestral
Por Redacción |
-
Telmo Martín: "A imaxe de Sanxenxo está por encima de calquera festival"
Por Oskar Viéitez |
-
Afundación faise cargo dos pagos do Maestral
Por Almu Dapena |
-
A Unión de Consumidores pide a consumo que investigue a cancelación do Maestral
Por Almu Dapena |
-
O PSOE e o BNG piden explicacións a Telmo Martín pola cancelación do festival Maestral
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Maestral Music Festival Sanxenxo cancela todos os seus concertos
Por Oskar Viéitez |
-
Aumentan as críticas á organización do Festival Maestral polos cambios nos concertos
Por Almu Dapena |
-
Os danos causados pola choiva obrigan a cancelar os concertos do Maestral durante catro días
Por Redacción |