Sanxenxo suma a dous novos cabezudos
Por Redacción
Dous novos cabezudos sairán á rúa nas Festas de Sanxenxo. O centro de Arte Municipal recuperaba o ano pasado 4 dos 8 cabezudos que facía máis de 25 anos que non participaban nas festas patronais e para este ano recuperaron dúas máis.
Trátase dunha tradición que se abandonou no ano 1990 e que no seu momento achegaba un toque de humor e colorido á programación.
O sábado 24 co chupinazo que dá inicio ás festas, desfilarán para o gran público acompañados dos participantes de Máis Cantos, con Nelson Quinteiro.
O percorrido arrincará ás 11.30 horas do Mercado de Sanxenxo, facendo varias paradas ao longo da Avenida de Madrid e terminando na Praza de Pascual Veiga. Pola tarde, desde as 19.00 horas sairán do Paseo de Silgar.