O lume nunha tixola calcina unha campá extractora nunha vivenda de Vilagarcía
Por Redacción
Nas últimas 24 horas producíanse dous incendios en vivendas de Vilagarcía de Arousa debido ás lapas que se orixinaban nunha tixola. O último tiña lugar este mediodía. Segundo os datos do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, o incendio iniciábase nunha tixola que se quedou esquecida ao lume na cociña dun domicilio na Travesía de Casal ao redor das 12.15 horas deste martes.
As lapas propagáronse ata a campá extractora da cociña calcinando todo o aparello electrodoméstico sen que se rexistrasen danos persoais nin pola incidencia do fume nin polas chamas.
Desde o 112 Galicia alertouse aos Bombeiros de Vilagarcía, ao Servizo Municipal de Protección Civil e Xestión de Emerxencias, ademais da a Policía Local de Vilagarcía de Arousa.
Os servizos de emerxencia, unha vez desprazados, confirmaron que o incendio fora sufocado por un veciño e procederon á comprobación da instalación e á ventilación da vivenda