Un home, investigado por provocar un incendio por neglixencia durante o lanzamento de foguetes de artificio
Por Redacción
Un home está a ser investigado como presunto autor dun delito de incendio por causar un lume forestal durante o lanzamento de foguetes de artificio na parroquia pontevedresa da Canicouva.
A Policía Autonómica de Pontevedra logrou esclarecer o incendio forestal, que o pasado 3 de agosto afectou a unha superficie de 0,1 hectáreas de monte arbolado na Canicouva, e dar co seu responsable.
A investigación asumírona os asentes do Grupo de Investigación de Incendios da Xefatura de Pontevedra, en colaboración con axentes facultativos medioambientais, e, como resultado da mesma, tomaron declaración como investigado a un home como presunto autor.
O incendio foi provocado por unha neglixencia durante o lanzamento de foguetes de artificio ao non comprobar que había lume nos dispositivos pirotécnicos disparados.
As dilixencias remitíronse ao Xulgado de Garda de Pontevedra.
Relacionadas:
-
A Policía Autonómica esclarece un incendio en Vilanova o 1 de agosto e investiga o presunto autor
Por Redacción |
-
O deficiente estado do tendido eléctrico de San Vicente do Mar provoca dous incendios forestais
Por Redacción |
-
Investigan unha muller por unha queima que provocou un incendio en Bora
Por Redacción |
-
Esclarecen un incendio en Moraña provocado por unha queima de restos forestais
Por Oskar Viéitez |