Os veciños de Cuntis abren o paso a San Roque
Por Almu Dapena
A tradicional procesión de San Roque de Cuntis celebrouse durante a mañá deste mércores coa participación de numerosos veciños de toda a zona.
Como é habitual, os veciños de Sebil organizaron o tradicional paseo de San Roque. Con saída na aldea de Cequeril, o Santo percorreu unha serie de aldeas para acabar na propia aldea de Sebil.
O máis característico do percorrido desta procesión é, que no seu paso polo río Umia, os veciños están obrigados a construír unha pequena pasarela de paus para salvar o paso e vanse sumando aos poucos para terminar nun pequeno picoteo custeado polos propios veciños.