Cuntis abre o prazo para apuntarse a obradoiros de envelllecemento activo
Por Redacción
A entidade Solidaridade Interxeracional colabora co departamento de Servizos Sociais do Concello de Cuntis para poñer en marcha uns obradoiros de envellecemento activo, que se desenvolverán en diferentes lugares e parroquias do municipio.
Esta iniciativa vai destinada a persoas con máis de 55 anos e se levará a cabo un día á semana en cada un dos locais. A duración de cada sesión será de dúas horas. Trátase dun proxecto en que se proporciona información a persoas maduras sobre saúde e alimentación, ademais de fomentar a práctica de exercicio físico co obxectivo de mellorar as súas condicións de vida.
A proposta inicial contempla a celebración de talleres en Vila de Cuntis, Troáns, San Mamede, Couselo, Magán, Teaño, Cequeril, Sebil, Arcos de Furco e Portela.
Para que leve a cabo a actividade precísase que se forme un grupo cun mínimo de cinco persoas. Para apuntarse é necesario poñerse en contacto co departamento de Servizos Sociais antes do 4 de setembro. Para máis información, tamén se pode chamar ao teléfono 986.185.468.