Preto de todo, lonxe de nada: Pontevedra estrea novas casas en 2020
Os novos xulgados foron o detonante para que A Parda se convertese nunha zona desexable para vivir: a 5 minutos do centro, a 2 minutos da entrada á autoestrada e con todos os servizos e instalacións necesarios para facer "vida de barrio". CASANGULAR detectou a oportunidade e empeza a visualizar a data de entrega das 31 vivendas que conforman as CASAS DA NOVA PEDRA, en fase final de construción.
Salón e xardín interior de uso común para os veciños, fogares con 1, 2 e 3 dormitorios, e un espectacular ático con dúas terrazas configuran a nova promoción inmobiliaria de Pontevedra, na zona da Parda (en Rúa da Estrada).
E é que o novo edificio se concibiu pensando nas preocupacións e motivacións da sociedade actual, como a sustentabilidade (sistemas de eficiencia enerxética comprometidos co medio ambiente que minimizan o consumo e reducen emisións) e a seguridade (detectores ópticos de fumes, manta anti incendios ou portas dobremente paneladas e blindadas).
Dotacións que permiten falar dun dos residenciais máis modernos da cidade, e quizais, o máis "sociable": CASAS DA NOVA PEDRA conta cun salón social para uso e goce dos propietarios, que poderán dispoñer dunha zona interior e exterior totalmente equipadas (mobiliario de xardín, sofás, lavalouzas e TV, entre outros), onde celebrar os seus eventos privados e compartir charlas e intres de lecer entre veciños.
Desde que se anunciase a localización dos novos xulgados na zona, as instalacións de interese xeral como espazos deportivos, áreas verdes, colexios ou servizos hospitalarios parecen concentrarse na mente dos pontevedreses dando lugar a un novo barrio desexable para vivir. E é que a pesar de non estar en pleno centro, nin na periferia residencial, presenta todas as vantaxes e requisitos que lle permiten presumir de estar a un paso de todo, e lonxe de nada.
Malia que xa quedan menos, aínda hai vivendas dispoñibles. Os detalles pódense coñecer máis en profundidade na súa web casasdanovapedra.com ou na oficina de vendas especial, máis coñecida como "showroom", que os responsables da promotora habilitaron xunto ao edificio en construción para mostrar aos potenciais propietarios os distintos materiais e acabados da que podería ser a súa nova casa.