Gozar en vilas de luxo dunhas vacacións en Rías Baixas é posible. Ou nunha das dez casas singulares do mundo. A este tipo de turismo dedícanse Patricia Leiro, Henrique Silva e James Salaño con Galicia Villas desde o ano pasado; aínda que xa traballan no sector con anterioridade. Unhas residencias son da súa propiedade e outras as xestionan para este fin. Traballan na provincia de Pontevedra e A Coruña e os seus plans a medio prazo pasan por expandirse por Portugal e resto de España.
Os seus clientes son nacionais e estranxeiros. Entre eles, algún membro do Goberno de Estados Unidos, deseñadores, futbolistas, un subastador americano de viños... Reciben a este perfil de visitante coas súas familias e persoal de servizo; pero tamén parellas ou familias que alugan en grupo para pasar unha fin de semana, ou uns días.
Desde 600 a 60 euros por día, dependiendo de la temporada, la residencia y el número de personas, se puede disfrutar de la experiencia. Y un dato que añaden - conocedores del sector -, si estas residencias estuvieran ubicadas en otros emplazamientos, como por ejemplo Ibiza, el precio seguro que se cuadriplicaría "quedándonos cortos" apostilla James.
Que ofrece este turismo de luxo? preguntamos en PontevedraViva Radio e a resposta por parte de Patricia é concisa "calidade e atención personalizada". Isto é, están constantemente pendentes do cliente: para reservar un taxi, unha saída a Cíes por exemplo, un restaurante, unha actividade que practicar..."un trato exquisito co cliente".
Se chegados a este punto da lectura, persiste a curiosidade por saber en que enclave da provincia está esa vivenda catalogada como unha das dez mellores casas singulares do mundo, basta con escoitar estas Conversas na Ferrería para sabelo.