A coincidencia do triatlón e o fútbol complicarán o tráfico este sábado
Por Redacción
A coincidencia da celebración do Triatlón Cidade de Pontevedra e o primeiro partido de fútbol da temporada 2019/20, entre el C.F. Pontevedra e o Coruxo provocará restricións de tráfico na zona norte da cidade de Pontevedra o próximo sábado 24 de agosto.
O venres 23 de agosto comezan as primeiras restricións. A partir das 17:00 horas péchase ao tráfico a Ponte dos Tirantes. Este tramo permanecerá pechado ao tráfico ata o remate do triatlón e recollida da loxística, aproximadamente ata o sábado ás 23:30 horas.
O sábado a partir das 07:00 e horas péchase ao tráfico Enxeñeiro Rafael Areses e Alexandre Bóveda. A partir das 14:15 e horas péchase ao tráfico todo o circuíto: Avenida Compostela (saída cidade), Celso Emilio Ferreiro e Campus Universitario.
A previsión de remate das probas e apertura ao tráfico das citadas rúas será as 20:40 horas, agás a Ponte do Tirantes (23:30 horas).
RESTRICCIÓNS DE APARCAMENTOS
A partir das 22 horas do venres 23 de agosto prohíbese o estacionamento nas rúas Alexandre Bóveda, Celso Emilio Ferreiro, Campus Universitario, Avenida Compostela.
A coincidencia da celebración do tríatlon e o partido de fútbol do Pontevedra C. F. provocará que dende as 18:30 horas cortarase ao tráfico o acceso ao Estadio de Pasarón por Leonardo Enríquez (Avenida Compostela), de tal xeito que os veciños da Avenida da Coruña; Xoán Bautista Andrade; Médico Ballina e Lérez (entre as 18:30 horas e as 20:40) deberá facelo por Ponte das Palabras (Monte Porreiro) ou cruce de Alba.
Todos os estacionamentos disuasorios estarán operativos agás Alexandre Bóveda interior.
PROGRAMA INFORMACIÓN PERSONALIZADA
A Policía Local de Pontevedra, dende este xoves, pon en servizo un programa de información personalizada, de tal xeito que ante calquera dúbida todos os cidadáns poden consultar a súa circunstancia especial co relación a mobilidade o día 24 de agosto. As consultas pódense realizar mediante contacto telefónico (986 83 30 80) ou por correo electrónico cetra@pontevedra.eu