Corte de tráfico na rúa Ricardo Santos por obras no abastecemento de auga
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo informou que a rúa Ricardo Santos permanecerá cortada ao tráfico para acometer obras no sistema de abatecimiento de auga e no saneamento.
O goberno local ha tomado a decisión de acometer esta obra no verán para non interferir nin interromper o tráfico nesta vía durante a tempada escolar.
Na rúa abrirase unha gabia de 280 metros, que permita a instalación dun colector de saneamento, un pozo de rexistro, así como a nova tubaxe. Ademais, colocarase unha válvula de comporta e terminarase a obra coa reposición do firme.
Ademais de actuar en Ricardo Santos, instalouse un colector de saneamento e tres pozos de rexistro, así como a conexión á rede xeral de abastecemento existente en Outeiro, Gondar. E, tamén en Quintáns, Noalla, instaláronse ao longo de 900 metros as tubaxes necesarias para o abastecemento de auga e o saneamento de residuais.
Estas tres actuacións están valoradas en 190.000 euros, financiados con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.