Pontevedra recibe a campaña da Deputación de loita contra os plásticos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A Praza de España da cidade de Pontevedra recibiu este xoves a carpa da campaña ambiental "Experiencias Sustentables", que a Deputación de Pontevedra está a promover este ano por vilas, festas, festivais musicais e praias para concienciar sobre a contaminación polo uso dos plásticos e as consecuencias tanto no medio ambiente como na saúde.
Os deputados Carlos López Font e Laura Iglesias, xunto ao tenente de alcalde pontevedrés, Agustín Fernández, e as concelleiras Gloria Blanco e Paloma Castro, foron os encargados de presentar esta iniciativa que está a ter unha gran acollida en todos os puntos da provincia que xa visitou.
Ao longo da mañá o persoal que está á fronte desta carpa repartiu entre a cidadanía dípticos informativos, adhesivos, bolsas de tea, vasos, imáns para a neveira, cinceiros ecolóxicos e outros produtos da campaña.
Segundo os datos achegados por López Font esta iniciativa distribuíu nos distintos puntos polos que foi pasando uns 50.000 vasos biodegradables, elaborados con fécula de millo e pataca.
Carlos López Font sinalou que a Deputación está en liña coa Axenda 2030 da ONU, na que se aprobaron os Obxectivos para o Desenvolvemento Sustentable (ODS), entre os que figura a Acción polo Clima. Lembrou ademais que a presidenta provincial, Carmela Silva, fixou como liñas transversais prioritarias para este mandato a Igualdade e a Transición Ecolóxica.
Relacionadas:
-
A Deputación implanta un modelo propio de boas prácticas medioambientais
Por Redacción |
-
A Deputación leva a súa campaña para previr agresións sexuais ao Festival Revenidas
Por Redacción |
-
PortAmérica, punto de partida para a campaña contra os plásticos que chegará a todos os festivais do verán
Por Redacción |