Moldes lembra a Pontón que a Xunta está a investir máis de 6,5 millóns de euros en melloras da PO-308
Por Redacción
Ángel Moldes, portavoz do PP de Poio, criticou as declaracións da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, durante a súa visita este xoves a Combarro. Entende que a representante nacionalista non se informou ben ou non recibiu o asesoramento inadecuado sobre o Concello de Poio.
As críticas de Pontón á Xunta pola falta de seguridade viaria na PO-308 ao seu paso por Poio son rexeitadas por Moldes alegando que a Xunta de Galicia leva máis de 6,5 millóns de euros licitados e en execución para mellorar a seguridade viaria nesta estrada. Lembra, nun comunicado, que as beirarrúas e melloras entre O Covelo e Raxó están practicamente finalizadas "a pesar de que os seus compañeiros do BNG no goberno de Poio axudaron ben pouco".
Sinala que previsiblemente en 2020 actuarase nos tramos entre Fontenla, Chancelas e Combarro, desde a contorna do centro turístico ata Samieira. Moldes indica que esta obra beneficiará a peóns, ciclistas, usuarios e veciños de Poio.
O representante popular tamén criticou a petición de Pontón do peche de Ence e a construción dun corredor entre Pontevedra e Sanxenxo, como alternativa á PO-308. Ángel Moldes indica que pedir o peche de Ence é como pedir que moitos veciños de Combarro e de Poio perdan o seu emprego.
Sobre unha nova vía entre Pontevedra e Sanxenxo, reclamada polo BNG, considera que supoñería un impacto negativo na economía do municipio e só beneficiaría a outros concellos. Neste sentido, considera que as declaracións de Pontón mostran que o BNG está "completamente desconectado" dos veciños de Poio. En todo caso, Moldes convida a Ana Pontón a seguir facendo turismo en Poio pero que se informe mellor sobre o Concello.
Relacionadas:
-
Así se xogan a vida a diario os escolares de Chancelas para coller o autobús na PO-308
Por Anxo Lourido |
-
Proxectan organizar unha nova protesta en Chancelas tras outro accidente na PO-308
Por Redacción |
-
O BNG instará á Xunta para que licite en breve a mellora viaria da PO-308 ao seu paso por Poio
Por Anxo Lourido |
-
Veciños de Chancelas piden pasos de peóns na PO-308
Por Anxo Lourido |
-
A asociación veciñal 'Combarro', molesta polo silencio do Concello no proxecto de reforma da PO-308
Por Redacción |
-
En novembro rematarán as obras de seguridade viaria na PO-308 ao seu paso por Raxó
Por Redacción |