A Xunta destina 661.300 euros para a modernización dos establecementos turísticos da provincia
Por Redacción
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou este venres que a Consellería de Cultura e Turismo aporta máis de 661.300 euros a 38 establecementos turísticos da provincia co obxectivo de que poidan realizar melloras de accesibilidade, innovación ou aforro enerxético.
O delegado territorial ofreceu esta rolda de prensa acompañado do alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, xa que este municipio é o que conta con máis prazas hoteleiras de toda Galicia, 7.445, o que supón un 13,5% do total (54.690 distribuídos en 906 hoteis).
Ademais, é precisamente Sanxenxo, o municipio que verase máis beneficiado por estas axudas, que permitirán levar a cabo obras como a modernización de pechaduras, a supresión de barreiras arquitectónicas, a mellora das climatizacións, a instalación de ascensores, a mellora da imaxe ou o recubrimento de fachadas. En Sanxenxo concedéronse un total de 21 axudas que ascenden a 306.770 euros.
O Grove, con 7 axudas; Vigo con 4; Poio e Vilanova de Arousa con 2 establecementos cada un, e Bueu e Tomiño con un, completan a lista de concellos con hoteis, cámpings ou apartamentos turísticos que contarán con estas subvencións.
"En total, o Salnés beneficiarase de 30 axudas o que ven a demostrar a importancia que o turismo ten para a economía desta comarca", explicou Cores Tourís.