Un condutor resulta ferido na Lama ao saírse o vehículo da vía
Por Redacción
O condutor dun vehículo sufría un accidente ao redor das 12.30 horas deste venres no lugar de Covelo, no concello da Lama. O home resultaba ferido despois de que o turismo se saira da vía e precipitásese por un terraplén, segundo a información que facilita o servizo de Emerxencias 112 Galicia.
Un particular alertaba ao Centro Integrado de Atencións ás Emerxencias para requirir axuda que permitise acceder a unha persoa que se atopaba no interior do vehículo precipitado nunha zona próxima ao Pelete.
Alertouse aos Bombeiros do Salnés, da Garda Civil de Tráfico e dos membros de Protección Civil da Lama. Os servizos de emerxencia comprobaron cando chegaron ao accidente que o home se atopaba liberado e non foi precisa a utilización de material para excarceralo.