Marín mellora a seguridade peonil entre Mogor e Aguete
Por Redacción
O Concello de Marín está a realizar actuacións para mellorar a seguridade entre os núcleos de Mogor e Aguete, unha zona moi transitada durante todo o ano, pero de forma especial no verán para o acceso ás praias.
A mellora céntrase na reparación da varanda de madeira situada no paseo peonil entre ambos os puntos do Concello de Marín, que se atopaba deteriorada polo paso do tempo e os actos vandálicos.
Segundo informou o Concello, a reposición comezou días atrás e xa hai tramos que estaban moi danados e están totalmente repostos.
Nas próximas semanas quedará totalmente reposta.