Catro meses máis para rematar o campo de herba sintética de Ponte Sampaio
Por Redacción
A Xunta de Goberno aprobou este luns a prórroga de catro meses para o remate das obras do Campo de fútbol de herba sintética de Ponte Sampaio, que está a executar a Unión Temporal de empresas E.C.Casas - Imesapi, logo da renuncia da empresa Ediserpo no mes de abril.
O custe da obra é de 1.163.536 euros e o ritmo dos traballos ían atrasados ao respecto dos prazos de execución, precisamente, pola renuncia da empresa adxudicataria xa que foi preciso iniciar unha nova tramitación para que se puidera entregar a obra a UTE actual.
O proxecto vai máis alá da construción do campo, xa que tamén se inclúe a demolición das actuais instalacións deportivas e estender o espazo de lecer até a praia fluvial.
O campo de fútbol de Ponte Sampaio está situada nunha parcela de 11.000 metros cadrados, terá unhas dimensións homologables e no que poderá xogarse dous partidos de fútbol 7 (agora 8) ao tempo. A instalación deportiva contará con dúas zonas de vestiario para árbitros e xogadores; unha grada; cantina; baños públicos e área de almacéns.
O proxecto inclúe melloras nas instalacións e equipamentos, 5 anos de mantemento do céspede e máis o derrube do vello campo.
A construción do novo equipamento vai a permitir ampliar a zona de praia do río Verdugo, ampliar os espazos verdes e de xogos infantís e mesmo crear unha pérgola deportiva multiusos e ampliar o aparcamento. Suporá unha remodelación de arredor de 30.000 metros cadrados.
Relacionadas:
-
Ponte Sampaio recibirá o próximo sábado o seu novo campo de fútbol
Por Alejandro Espiño |
-
Veciños de Ponte Sampaio demandan un pavillón de deportes á beira do colexio
Por Redacción |
-
A inestabilidade do terreo obriga a modificar o contrato do campo de Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
Novo atraso na construción do campo de fútbol de Ponte Sampaio
Por Anxo Lourido |
-
As obras de construción do campo de fútbol de herba sintética de Ponte Sampaio continúan tras o parón
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
Ediserpo renuncia a tres obras, entre elas o campo de fútbol de Ponte Sampaio
Por Alejandro Espiño |